viernes, 9 de diciembre de 2016

Visita a Invernalia: A nova pista de xeo

Que ben o pasamos en  Invernalia, non sen algunha que outra caída, que, por suposto, forman parte da aprendizaxe. Aquí vos dexamos varias instantáneas tomadas pola nosa fotógrafa oficial: a profe Diana.






viernes, 2 de diciembre de 2016

Inflúe a lúa na agricultura?

Ola!, inauguramos o blog de 5º coas imaxes da visita de Jacobo, pai dun dos nosos alumnos, que amablemente accediu a falarnos sobre as crenzas acerca da influencia da lúa na agricultura. Este enxeñeiro agrícola comezou a exposición facendo un percorrido pola evolución da agricultura, remontándose ao Neolítico, momento no que xurdiu esta arte de cultivar a terra da man das mulleres. Explicounos como a agricultura intensiva, tamén denominada industrial, modifica o medio en lugar de adaptarse a el, como adoitaba facer a agricultura tradicional.Mencionou, ademáis, a agricultura biolóxica/ ecolóxica que cun coñecemento máis científico de esta arte, fai uso das técnicas da agricultura tradicional. E precisamente era naquela agricultura tradicional na que estaban máis arraigadas esas crenzas acerca da influencia da lúa nos cultivos.Non faltaba nas casas de labranza un almanaque que incluira as fases lunares, ademáis dos santos, claro. Pois como comprobaredes no seguinte resumo, aportado polo ponente a lúa inflúe nas plantas.



Moitas grazas Jacobo,  por transmitirnos o teu saber!