lunes, 26 de junio de 2017

Como colofón ao mes de maio e clausurando xa o curso no que a actividades de animación á lectura se refire, contamos coa visita da actriz galega Victoria Pérez, que diseñou unha serie de actividades moi dinámicas e divertidas baseadas na lectura obrigada Sapo y Sepo - 1º e2º de primaria-e Momo, para os alumnos de 5º de primaria.
Como colofón ao mes de maio e clausurando xa o curso no que a actividades de animación á lectura se refire, contamos coa visita da actriz galega Victoria Pérez, que diseñou unha serie de actividades moi dinámicas e divertidas baseadas na lectura obrigada Sapo y Sepo - 1º e2º de primaria-e Momo, para os alumnos de 5º de primaria.

jueves, 18 de mayo de 2017

Ao son da gaita

Fai uns días visitounos o pai de dous alumnos do cole para explicarnos algunha das características da gaita, e as peculiaridades da gaita galega, a cuxo son Roberto  bailou  unha muiñeira. Bravo!

viernes, 31 de marzo de 2017

Un taller de coreografía no cole!

Que sorte temos!, esta semana contamos coa colaboración de Belén , profesora de danza do Centro Coreográfico Galego, que nos deleita coa súa maestría .Canto estamos aprendendo, grazas Yoli por organizar actividades tan enriquecedoras e divertidas!

miércoles, 29 de marzo de 2017

Moby Dick no Forum


O pasado mes, acudimos ao teatro para ver a adaptación da obra cumio de Melville, por parte da compañía vasca Gorakada. Unha ledicia!

jueves, 2 de marzo de 2017

O Entroido...

O entroido chegou  a Labaca, por iso aproveitamos para investigar aspectos desta tradición popular tan arraigada na nosa comunidade, en particular, centramos a nosa atención nas pantallas tan típicas nos coñecidos entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín...algún dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.


Tamén exercemos de guías turísticos das sete marabillas do mundo moderno e visitamos ao alumnado de infantil para falarlle delas...e amosarlle os poemas realizados no "taller de poesía" de lingua castelá.

Aproveitamos para recordar vellos tempos cun vídeo do noso paso por Infantil. Grazas, profe Lorena!

lunes, 9 de enero de 2017

Teatro in English...

Mañá, 10 de xaneiro, asisteremos á representación teatral, en inglés, Freaky, de Blue Mango Theatre, na sede que A Fundación ten nesta cidade. Sairemos ás 11.30h. e estaremos de volta ao redor das 13:45h.
 Trátase dunha obra que profundiza no acoso infantil a través dun neno que todos ven  diferente e raro pola súa forma de vestir e a súa timidez. Chega a época dos campamentos de verán e todos os pequenos aparentan divertidos e animados, menos un neno, algo triste, calado e vestido de negro, que se sinte un freaky. Pero resulta que ese neno ten un sorprendente don, baila como ninguén! Vaino demostrar no  Festival do campamento...
Inviataron a dúas alumnas do noso centro a participar na obra... Vaia par de artistas!

Lectura: Las aventuras de Huckleberry Finn

Aquí vos deixo a portada, e o ISBN,  do libro que próximamente comezaremos a ler.
ISBN: 978-84-667-8537-2

De volta!

Xa estamos de  volta no cole!,  espero que con enerxías renovadas  e moitísima ilusión por rendir ao máximo neste novo ano. Haberá que recoller os Beléns tan fermosos - elaborados por vós mesmos, seguindo as indicacións da profe Begoña - que adornaron os nosos corredores durante estas vacacións de Nadal.