lunes, 9 de enero de 2017

Teatro in English...

Mañá, 10 de xaneiro, asisteremos á representación teatral, en inglés, Freaky, de Blue Mango Theatre, na sede que A Fundación ten nesta cidade. Sairemos ás 11.30h. e estaremos de volta ao redor das 13:45h.
 Trátase dunha obra que profundiza no acoso infantil a través dun neno que todos ven  diferente e raro pola súa forma de vestir e a súa timidez. Chega a época dos campamentos de verán e todos os pequenos aparentan divertidos e animados, menos un neno, algo triste, calado e vestido de negro, que se sinte un freaky. Pero resulta que ese neno ten un sorprendente don, baila como ninguén! Vaino demostrar no  Festival do campamento...
Inviataron a dúas alumnas do noso centro a participar na obra... Vaia par de artistas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario